Atrás

A Coruña e Ferrol acollen esta semana a aula móbil de Garantía Xuvenil

A Coruña e Ferrol acollen esta semana a aula móbil de Garantía Xuvenil

Categoría: Aula móbil/charlas informativas

O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Xunta de Galicia, continúa a campaña coa presenza da aula móbil esta semana na Coruña (26, 27 e 28 na explanada de Riazor) e en Ferrol (29, 30 e 31 praza do Inferniño). A aula móbil, de libre acceso, estará atendida por dous orientadores en horario ininterrompido entre as 12:00 e as 20:00. Ao mesmo tempo, continúan as charlas informativas que percorren diversos puntos da xeografía galega. Despois de estar cos usuarios das aulas Cemit de San Sadurniño e Pontedeume, as charlas continuarán o mércores 28 na Estrada e Lalín; o xoves 29 en Valga e Padrón e o venres 30 en Vedra e Oroso.

Lembremos que estas xornadas están destinadas a informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación.

Os interesados en apuntarse poden chamar ao 881 99 57 00 ou ben escribir unb correo a: garantiaxuvenil@xunta.es