« Atrás

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2018 para persoas novas inscritas no SNGX.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2018 para persoas novas inscritas no SNGX.

Categoría:

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ven de convocar o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2018, que consiste na realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos,  destinado as persoas novas inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía e Suecia, son os paises incluídos neste programa.                        A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas novas, contribuíndo a mellorar a súa formación e a adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ó mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo, además de adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos fomentando a autonomía persoal.

Contémplanse axudas individuais e dúas liñas de axudas máis, destinadas a entidades sen ánimo de lucro e a concellos.

Enlaces: