Atrás

A Eurocámara pide mobilizar máis fondos contra o desemprego xuvenil

A Eurocámara pide mobilizar máis fondos contra o desemprego xuvenil

Categoría: Apoio á contratación

Durante a sesión plenaria do 17 de Xullo no Parlamento Europeo, aprobouse unha resolución que esixe aos países da UE dedicar máis fondos aos programas de Garantía Xuvenil e estender estes aos mozos de ata 30 anos. Os eurodeputados tamén esixen estratexias claras contra o abandono escolar prematuro e reclaman aos gobernos nacionais medidas para integrar aos "Nini" no mercado laboral e promover as carreiras de ciencias, enxeñería e matemáticas.

O texto, aprobado por 502 votos a favor, 112 en contra e 22 abstencións, subliña que a actual limitación da garantía xuvenil aos 25 anos de idade é insuficiente, xa que non ten en conta a os 6,8 millóns de "Nini" (mozos que non traballan, estudan nin reciben formación) con idades comprendidas entre os 25 e os 30 anos. Neste sentido, o Parlamento Europeo anima aos Estados membros a que consideren ampliar a Garantía Xuvenil aos mozos de menos de 30 anos de idade.

Os eurodeputados tamén reclaman á Comisión que propoña un marco xurídico europeo que introduza normas mínimas para a aplicación das garantías xuvenís, incluída l calidade dos períodos de aprendizaxe, uns salarios dignos para os mozos e o acceso aos servizos de emprego. Este marco debería abarcar os mozos de ata 30 anos.

Máis fondos para os programas de Garantía Xuvenil

O texto recorda que os 6.000 millóns de euros asignados á Iniciativa sobre Emprego Xuvenil non bastan para loitar contra o paro xuvenil a largo prazo. Por iso, os deputados piden á CE e aos Estados membros que concedan carácter prioritario á Garantía Xuvenil e que incrementen a súa dotación orzamentaria ata 2020. Os programas de Garantía Xuvenil teñen por obxectivo asegurar o dereito a un emprego, prácticas ou formación aos mozos que se encontren en situación de desemprego ao menos catro meses.

O texto aprobado tamén pide aos Estados membros que tomen medidas contra o abandono escolar prematuro, que introduzan programas de formación aprendizaxe profesional, que desenvolvan estratexias integrais para os "Nini" e que apliquen plenamente os programas nacionais de Garantía Xuvenil.Así mesmo, destaca que a Iniciativa de Emprego para a Xuventude non debe impedir aos Estados membros recorrer a outros programas da UE, por exemplo, no marco do Fondo Social Europeo ou do ERASMUS+, para financiar proxectos máis amplos relacionados coa xuventude.

Educación máis adaptada ao mercado laboral

A Eurocámara subliña a importancia de que os mozos adquiran competencias transversais, como as relacionadas coas tecnoloxías da información e as competencias de liderado, pensamento crítico lingüísticas, co fin de mellorar as súas perspectivas laborais. Ademais, pide aos países da UE que adopten medidas para dar prioridade aos ámbitos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas nos seus programas de educación.

Emprego de calidade

Os Estados membros deben asegurarse de que os mozos acceden a empregos de calidade onde se respecten os seus dereitos, entre eles, o dereito a un traballo que ofreza garantías de subsistencia e unha protección social adecuada. O obxectivo último é protexer aos mozos traballadores contra a discriminación e a explotación. Os deputados deixan claro que, especialmente en tempos de crise, "non debe comprometerse o aspecto cualitativo do traballo para os mozos" e que deben respectarse as normas laborais básicas relacionadas co tempo de traballo, a seguridade social e a saúde e seguridade no traballo.Así mesmo, co fin de promover o emprendemento, os gobernos nacionais deben eliminar as barreiras burocráticas innecesarias ás que se enfrontan os autónomos, as microempresas e as pemes.

Segundo os datos de Eurostat correspondentes ao mes de maio, na UE-28 hai 5,2 millóns de mozos de ata 25 anos en paro, dos que 3,3 millón se encontran nos países da Eurozona. En termos porcentuais, estas cifras supoñen un 22,2% e un 23,3%, da poboación xoven, respectivamente. As taxas máis baixas de paro xuvenil corresponden a Alemaña (7,8%), Austria (8,9%) e Países Baixos (10,8%), mentres que as máis altas se atopan en Grecia (57,7%), España (54%) e Croacia (48,7% no primeiro cuatrimestre de 2014).