Atrás

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA

Categoría: Formación para o emprego e prácticas

A Consellería de Traballo e  Benestar  publicou onte no DOG as axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.

Os mozos e mozas que queiran optar a estas axudas deberán estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e cumprir todos os requisitos para acceder ao mesmo.

O programa Galeuropa contempla varias modalidades: por unha banda, axudas individuais á mocidade, cunha duración de dous meses consecutivos a razón de 100 horas por mes; e, por outra, axudas a entidades sen ánimo de lucro e  entidades locais, cunha duración entre dous e tres meses consecutivos a razón de 100 horas por mes.

A contía das axudas contempla gastos de desprazamento, gastos organizativos, gastos derivados do aloxamento e manutención e gastos de apoio lingüístico.
 

O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015.


O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015.

 

Máis información: http://xuventude.xunta.es/2015061516371/programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa.html