« Atrás

Ampliado ata o 31 de xullo o prazo para solicitar subvencións para o financiamento de prácticas non laborais

Ampliado ata o 31 de xullo o prazo para solicitar subvencións para o financiamento de prácticas non laborais

Categoría: Formación para o emprego e prácticas

A Consellería de Traballo e Benestar amplía ata o 31 de xullo o prazo para que as empresas con centro de traballo en Galicia soliciten subvencións para o financiamento de prácticas non laborais.

Como cabe recordar, as prácticas serán realizadas baixo a supervisión e dirección dunha persoa que as titorice e teñen unha duración entre seis e nove meses, un tempo no que os participantes percibirán unha bolsa económica en relación á xornada desenvolvida. As empresas galegas que subscriban acordos de prácticas non laborais con persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, poderán acceder diferentes axudas para financiar as bolsas de apoio aos rapaces.

Os destinatarios serán mozos e mozas entre os 18 e os 24 anos ou menores de 30 no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que non estean a traballar nin a participar en actuacións educativas ou formativas e deberán estar inscritas na base de datos do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia.