Atrás

Cambre, Arteixo e Narón reciben esta semana a aula móbil de Garantía Xuvenil

Cambre, Arteixo e Narón reciben esta semana a aula móbil de Garantía Xuvenil

Categoría: Novas anteriores

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil, que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria, visitará esta semana as localidades de Cambre, Arteixo e Narón.

Paralelamente a estas actividades continúan as charlas informativas. Ao longo desta semana os orientadores visitarán as catro provincias galegas desprazándose ata Carral, Bergondo, Fene, Rianxo, Ponteareas, A Cañiza, Caldas, Chantada, Viveiro, Barreiros, Xinzo de limia, Celanova e O Carballiño Todas estas actividades son de libre acceso e contarán coa presenza de técnicos que explicarán os beneficios da estratexia e solventarán todas as dúbidas dos asistentes.

O obxectivo do programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.

Para acadar este fin, o programa vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (obradoiros de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas). Este plan deGarantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

Descarga aquí a programación semanal.