« Atrás

Facer realidade a Garantía Xuvenil

Facer realidade a Garantía Xuvenil

Categoría: Novas anteriores

Un de cada cinco mozos europeos non encontra traballo; para remediar esa situación, o Consello e o Parlamento Europeo aprobaron un plan de axudas de 6.000 millóns.

Conforme amaina a tormenta económica que fixo estragos en Europa, atopámonos ante o momento de avaliar as súas consecuencias. A maior crise económica en décadas deixou atrás unha situación social que é unha cuestión prioritaria, cun número de parados sen precedentes. Máis de 26 millóns de persoas están hoxe día sen emprego na Unión Europea, dos que 5,5 millóns son mozos menores de 25 anos, o que significa que un de cada cinco mozos europeos no mercado laboral non encontra traballo. Trátase de datos extraordinarios. O tema laboral en España resulta bastante sensible, dado que un de cada dous mozos que busca un traballo ten problemas para encontralo. Esta situación non pode aceptarse como permanente e os responsables públicos temos o deber de responder ao desafío que plantexan as altas taxas de desemprego xuvenil, que tamén danan a confianza nos sistemas económico e político da Unión Europea.

O Goberno de España loita contra esta situación e fixo unha serie de reformas laborais e de educación importantes. No caso da Unión, o Parlamento Europeo leva anos tratando de mellorar as condiciones de traballo e formación para os mozos e, pola súa parte, a Comisión Europea lanzou unha importante e ambiciosa iniciativa, a Garantía Xuvenil. Esta iniciativa implica unha reforma en toda a Unión Europea para apoiar aos mozos de unha maneira moi innovadora a introducirse no mercado de traballo, facilitándolles a transición entre o mundo académico e formativo e o laboral. A idea é sinxela: que nos catro meses seguintes de terminar a educación formal ou de perder o seu emprego, todo mozo europeo menor de 25 anos deberá recibir unha boa oferta de traballo, formación continua, formación de aprendiz ou un período de prácticas.

Agora é crucial que os Estados membros poñan en práctica esta iniciativa. O Goberno español presentou o seu Plan Nacional de implementación da Garantía Xuvenil á Comisión, explicando como pon en práctica a Garantía Xuvenil que será en parte financiada pola Unión Europea. A Garantía Xuvenil adoptará un enfoque preventivo e integrado de reacción rápida por parte de todas as institucións que poidan axudar a mellorar a empregabilidad e a integración no mercado laboral dos mozos.

Todas as rexións españolas poderán acceder a este nova financiamento

Para garantir o éxito desta iniciativa é fundamental que o Goberno de España desenvolva un número de importantes reformas, así como continuar coa mellora do sistema educativo e de formación. A Garantía Xuvenil tamén require do Servizo Público de Emprego para que asegure que cada mozo reciba os consellos adecuados sobre as oportunidades de traballo, educación e formación segundo a súa situación, o que se traduce nun servizo personalizado e que se concreta cunha oferta nun prazo de catro meses.
A posta en funcionamento da Garantía Xuvenil terá un custe financeiro que a Organización Internacional do Traballo estimou na eurozona de 21.000 millóns de euros. Sen embargo, o custe de non implementar a Garantía Xuvenil sería maior. De feito a Fundación Europea sobre as Condicións de Vida e Traballo (Eurofound) calcula que altas cifras de mozos sen traballo ou sen realizar actividades de formación e educación implicou unha perda económica para a Unión Europea de arredor de 150.000 millóns de euros en 2011 en termos de prestacións e perdas de produción, o que equivale a un 1,2% do PIB da Unión.

O Consello e o Parlamento Europeo, conscientes desta carga económica, acordaron crear un instrumento dotado de 6.000 millóns de euros, a Iniciativa de Emprego Xuvenil (IEJ), que comprende 3.000 millóns provenientes dunha nova partida do orzamento da UE dedicado ao emprego xuvenil acompañada doutros 3.000 millóns de euros aportados polas asignacións nacionais do Fondo Social Europeo (FSE). A IEJ aumenta o apoio financeiro dispoñible para as rexións con taxas de desemprego xuvenil do 25% ou máis.

Todas as rexións españolas entran dentro desta categoría, polo que poderán acceder a este novo financiamento. Neste sentido, estímase que España recibirá case 1.900 millóns de euros da Iniciativa de Emprego Xuvenil que se complementarán con recursos adicionais do Fondo Social Europeo (FSE) e con investimentos nas reformas estruturais para modernizar os servizos de emprego, sociais e de educación para mozos, así como para mellorar o acceso á educación, calidade e as conexións coas demandas do mercado laboral.

En toda Europa, os empresarios buscan perfiles profesionais que non poden encontrar nos seus países

O Fondo Social Europeo (FSE) ten probada experiencia no apoio ao emprego xuvenil desde hai tempo e foi imprescindible para controlar o aumento de desemprego entre os mozos. O orzamento do FSE para toda a UE sitúase en torno aos 10.000 millóns de euros anuais, destinándose en torno ao 70% do mesmo a proxectos en beneficio de mozos, polo que este instrumento seguirá sendo crucial no futuro. España deberá consagrar a nivel nacional unha proporción significativa deste Fondo no período de 2014 a 2020 para poñer en funcionamento a Garantía Xuvenil.

Outra das solucións sobre as que se está traballando para atallar o desemprego en Europa é unha mellor coordinación entre a oferta e a demanda laboral. En toda Europa, os empresarios buscan perfiles profesionais que non poden encontrar nos seus países, mentres traballadores cualificados están sen emprego noutros Estados membros. A pesar da marca de desemprego alcanzado estes últimos años pola crise, dos millóns de postos de traballo continúan vacantes na Unión Europea. Os europeos están beneficiándose da mobilidade que ofrece a Unión para conseguir as oportunidades laborais que máis se axustan ás súas características.

A rede paneuropea de busca de traballo EURES ofrece aos cidadáns europeos que queiran traballar en Europa acceso ás vacantes laborais de toda a Unión. Máis de 324.000 españois e de 2.700 empresas españolas rexistraron os seu currículos ou os seus perfiles no portal de EURES e cada minuto unha media de 30 españois visita o portal de esta rede. Non obstante, a busca de traballo no estranxeiro no deixa de ser unha opción personal, aínda boa, pero o noso obxectivo é garantir emprego sostible en todos os Estados membros.

Non hai unha solución fácil para un tema tan complexo como o desemprego xuvenil, sen embargo, temos total confianza en que se actuamos todos xuntos e poñemos en marcha as políticas adecuadas, conseguiremos resolver a maior parte dos efectos negativos da crise económica e financeira que padecemos. Tanto o Parlamento Europeo como a Comisión seguirán traballando de maneira conxunta co Goberno de España e actuando con eficacia e determinación en favor dos nosos cidadáns. Para logralo, é fundamental aplicar as medidas e políticas acordadas. O compromiso de España e de Europa é crear oportunidades para os mozos, este é o horizonte común que compartimos.

László Andoré Comisario europeo de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión. Pablo Zalba Bidegainé Vicepresidente da Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios do Parlamento Europeo.

FONTE: El País