« Atrás

Incorporación nos seus postos de traballo dos 56 técnicos de orientación que asesorarán sobre Garantía Xuvenil nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Incorporación nos seus postos de traballo dos 56 técnicos de orientación que asesorarán sobre Garantía Xuvenil nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Categoría: Orientación laboral

Esta semana produciuse a anunciada incorporación dos 56 técnicos de orientación contratados pola Xunta de Galicia co cofinaciamento nunha porcentaxe do 91,89 por cento ao abeiro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixo 5, Obxectivo Específico 8.2.1, Medida 8.2.1.1 "Accións de orientación profesional, información laboral e acompañamento na busca de emprego, en oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia".

O obxectivo desta contratación é quecada persoa moza inscrita teña un titor específico que desenvolverá, xunto con ela, un itinerario individual e personalizado de emprego. En concreto, as súas funcións específicas serán:

- Informarlles sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos Servizos Públicos de Emprego: informar sobre o mercado laboral e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos Servizos Públicos de Emprego, así como os incentivos e medios dispoñibles para o apoio ás iniciativas emprendedoras e a mellora da cualificación incluíndo, de xeito particular, aquelas medidas especialmente deseñadas polos servizos públicos de emprego estatal o autonómico no ámbito do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

-Realizarlles un diagnóstico individualizado ou perfil, que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao da empregabilidade e clasificalos  segundo as súas necesidades.

-  Deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego específicos para o SNGX,que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade.

- Informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada mozo incorporado ao SNGX.

- Realizar unha prospección das necesidades das empresas para o casamento entre as ofertas destas e as demandas de emprego dos mozos incorporados ao SNGX, promovendo o afloramento de ofertas latentes e difundindo información sobre as iniciativas para facilitar a inserción laboral, incluíndo, de xeito particular, aquelas medidas especialmente deseñadas polos servizos públicos de emprego estatal o autonómico no ámbito do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Xornadas formativas

A Consellería de Traballo e Benestar prepara para a última semana de marzo as primeiras xornadas formativas para estes 56 técnicos de orientación. Impartidas por diferentes técnicos da Consellería, as xornadas, cunha duración estimada de tres horas, terán como contido principal a presentación do Sistema de Garantía Xuvenil, as principais liñas estratéxicas a implementar polo Servizo Público de Emprego de Galicia e o desenvolvemento polo miúdo das ordes de convocatoria que xa están publicadas.