Atrás

O BOE publica hoxe a ampliación da idade para acceder ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O BOE publica hoxe a ampliación da idade para acceder ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Categoría: Novas anteriores

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a resolución do 29 de xullo da Dirección Xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresa pola que se amplía o ámbito de aplicación do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

 

A partir de agora todos os mozos e mozas maiores de 25 e menores de 30 anos que cumpran cos requisitos que recolle a Lei 18/2014 de 15 de outubro poderán acceder ao Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e beneficiarse das accións derivadas do mesmo.

Precisamente é esta franxa de idade unha das que sufre máis de cerca as dificultades de inserción laboral, de feito, segundo a Enquisa de Poboación Activa do último trimestre de 2014, a taxa de desemprego para o colectivo situouse en 29,77 puntos.

Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2015/07/30/pdfs/BOE-A-2015-8554.pdf