« Atrás

O DOG publica hoxe a orden que regula as axudas para promoción de emprego autónomo para mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O DOG publica hoxe a orden que regula as axudas para promoción de emprego autónomo para mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Categoría: Fomento do emprendemento

A Consellería de Traballo e Benestar publica hoxe a orde que regula as axudas para a promoción do emprego autónomo ao abeiro da Estratexia de Garantía Xuvenil. Trátase dunha axuda destinada a axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenilque, pretendan desenvolver  a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas  ou por conta propia.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive.

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo  finalizará o 30 de setembro de 2015.

Persoas beneficiarias

1.- As persoas mozas desempregadasinscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que cumprindo as condicións establecidas que se detallan na orde.

2.- As persoas traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación,  sempre que as soliciten a título persoal.Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Tipos de axuda

A.   Subvención para  iniciativas de autoemprego xuvenil

Co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade á persoa moza desempregada que emprenda unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia, poderá concedérselle unha subvención a calquera persoa inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que solicite a alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional, dende o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015   por unha cantidade de 1.200 euros.

B.   Subvención polo establecementocomo persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Co obxecto  de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, poderá concedérselle unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia,que estean de alta ou se dean de alta no momento da presentación ou no prazo que se lle indique na resolución da concesión,sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 2.000 euros  sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis  posteriores  ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2015.

As contías desta subvención variarán entre 7.500 € para mozos que se incrementará en 500 € no caso de ser muller, e 10.000 € para persoas con discapacidade, colectivosen risco ou situación de exclusión social.

orde_promocin_emprego_autonomo_GX_2015_gl.pdf