« Atrás

Os novos plans de emprego promoverán a contratación de 131 orientadores para mellorar a intermediación e incentivos por traballador de ata 9.800 euros

Os novos plans de emprego promoverán a contratación de 131 orientadores para mellorar a intermediación e incentivos por traballador de ata 9.800 euros

Categoría: Orientación laboral

A Estratexia de Garantía Xuvenil e o Programa extraordinario de activación para o emprego sumarán un total de 15 medidas e 60 millóns de euros nestes dous anos. Ambas iniciativas inclúen actuacións novidosas, entre as que destacan a contratación de 131 novos técnicos e orientadores no Servizo Público de Emprego de Galicia co fin de impulsar a intermediación laboral pública, ou a posta en marcha de incentivos por traballador de ata 9.800 euros para parados de longa duración.

Así o detallou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa comparecencia no Parlamento galego o martes 24 de febreiro, para dar conta destas dúas ferramentas, que foron pactadas con patronal e sindicatos no mes de xaneiro. "Recoller as demandas e recomendacións dos representantes sindicais e empresariais é, sen dúbida, a mellor garantía de éxito", subliñou a titular do departamento autonómico.

Segundo explicou Mato, "se o desemprego é o noso obxectivo número un, a prioridade son os colectivos que maiores dificultades están a atopar". De aí que estes dous plans estean deseñados para mellorar a empregabilidade de dous dos colectivos máis afectados: os menores de 25 anos e os parados de longa duración con cargas familiares. Isto, por suposto, sen esquecer as medidas específicas que ten deseñado o departamento para as persoas en risco de exclusión ou con discapacidade.

O obxectivo xeral de ambos plans é mellorar o currículo e opcións de inserción no mercado laboral dos participantes a través de catro eixos: mellora da intermediación, así como da empregabilidade, apoio á contratación e fomento do emprendemento.

Contratación de 56 técnicos para a Garantía Xuvenil

Dos 113 técnicos que se van a contratar, 56 corresponden á Garantía Xuvenil. Unha estratexia que tamén abarca outras medidas como son un programa de adquisición de experiencia en entidades sen ánimo de lucro, que permitirá a contratación dos beneficiarios durante un ano nunha entidade de iniciativa social, ou a adquisición de competencias tecnolóxicas, de idiomas e de certificados de profesionalidade.

O ano pasado a Xunta xa liderou a posta en marcha do primeiro Plan de emprego xuvenil da Xunta, que ten como obxectivo reducir o desemprego entre os menores de 30 anos. Se trata dun plan que xa está contribuíndo a mellorar as expectativas no mercado laboral. De feito, hoxe hai 3.605 mozos desempregados menos que hai un ano, o que converte a Galicia na primeira comunidade con maior redución de desemprego entre os menores de 25 anos.

Complementario a este plan, en xaneiro aprobouse o Programa de Garantía Xuvenil, con 49 millóns de euros e 9 medidas específicas. Un plan dirixido aos menores de 25 anos que non estean ocupados, nin integrados nos sistemas de educación ou formación.

Hai 31.400 beneficiarios potenciais deste novo plan, segundo os datos da EPA, que poderán optar a diferentes medidas como obradoiros de emprego obradoiros de emprego vinculados a sectores emerxentes; realización de prácticas non laborais en empresas; programas específicos para obter o título da ESO ou de Formación profesional básica de grao medio; apoio á contratación indefinida, temporal, e á transformación de contratos temporais en indefinidos; ou axudas a fondo perdido de 1.200 euros para a súa constitución como traballadores autónomos, sen necesidade de acreditar un investimento en activo fixo.