« Atrás

Próxima convocatoria das bases do Programa de mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA para o ano 2018

Próxima convocatoria das bases do Programa de mobilidade transnacional xuvenil GALEUROPA para o ano 2018

Categoría: Formación para o emprego

En datas próximas, está prevista a publicación das bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa para mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ( SNGJ) no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos. Os destinatarios das mobilidades serán os mozos inscritos no ficheiro do SNGJ e os beneficiarios destas axudas poderán ser as persoas novas maiores de 18 anos e menores de 30 anos, entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no ámbito da mocidade e concellos ou agrupacións de concellos ou mancomunidades validamente constituídas e entidades resultantes da fusión de municipios