Publicada no DOG a convocatoria de axudas para obradoiros de emprego dirixidos a persoas novas inscritas no ficheiro do SNGX para 2019

Publicada no DOG a convocatoria de axudas para obradoiros de emprego dirixidos a persoas novas inscritas no ficheiro do SNGX para 2019

Categoría: Formación para o emprego

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, convocou as bases reguladoras da convocatoria para 2019, en réxime de concurrencia competitiva, das axudas para o fomento do emprego a través de programas mixtos de emprego e formación.

Estos obradoiros van dirigidos a mellorar a empregabilidade, cualificación e inserción profesional das persoas novas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e en situación de beneficiarias. Os proxectos que se financien ó amparo desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas cuxa titularidade lles corresponda integramente. A duración dos proxectos será de seis meses, cunha etapa de formación en alternancia col traballo ou a práctica profesional que estará dirixida ó aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

TR353B - Subvención obradoiros de emprego para a mocidade.