Atrás

Viveiro e Ribeira, últimas paradas da aula móbil de Garantía Xuvenil

Viveiro e Ribeira, últimas paradas da aula móbil de Garantía Xuvenil

Categoría: Novas anteriores

A aula móbil de Garantía Xuvenil pon fin ao seu percorrido visitando esta semana as localidades de Viveiro e Ribeira. No caso de Viveiro, e a aula quedará instalada mañá luns día 7 nos xardíns Noriega Varela e no caso Ribeira, os días 9 e 10 no Paseo do Malecón.

Paralelamente a estas actividades continúan as charlas informativas. Ao longo desta semana los orientadores se desprazarán a Carballo, Ordes, Laracha, Melide, Arzúa e Noia. Todas estas actividades son de libre acceso e contarán coa presenza de técnicos que explicarán os beneficios da  estratexia e solventarán todas as dúbidas dos asistentes.

O obxectivo do programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de cuatro meses después de acabar a educación formal ou quedar desempregados.

Para alcanzar este fin, o programa  vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servicio de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (talleres de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas). Este plan deGarantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Empleo Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe dun 91,89%.

Descarga aquí a programación semanal.