Atrás

A Comisión Europea convida a todos os cidadáns e organizacións a comunicar as súas opinións e experiencias sobre a contribución do FSE e a Iniciativa para o Emprego Xuvenil á promoción e mellora do emprego xuvenil

Categoría:

A Comisión Europea está a levar a cabo unha avaliación sobre a contribución do Fondo Social Europeo e a Iniciativa para o Emprego Xuvenil ao emprego xuvenil.

No marco desta avaliación, a Comisión lanzou unha consulta pública, cuxo prazo se iniciou o 27 de maio e permanecerá aberta durante 12 semanas, baseada nunha enquisa á que poden acceder todas as persoas interesadas e a cidadanía en xeral. A información recollida utilizarase para avaliar os logros obtidos durante o período 2014-2018. Tamén axudará á Comisión para extraer ensinos sobre a maneira de reforzar o seu apoio no futuro, facéndoo máis eficaz e centrado.

A consulta está dispoñible en todos os idiomas oficiais da UE na seguinte ligazón: