Atrás

Modificación da convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducir B e C para a mocidade galega beneficiaria do Sistema nacional de garantía xuvenil

Modificación da convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducir B e C para a mocidade galega beneficiaria do Sistema nacional de garantía xuvenil

Categoría: Formación para o emprego

O Instituto da Xuventude de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convocou o 9 de marzo de 2020 as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de conducir clases B e C para a mocidade galega, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o ano 2020.

Esta convocatoria de axudas foi modificada en canto ás datas límite de obtención dos permisos de conducir a cal queda fixada para o 21/12/2020 e a data de xustificación da axuda será o 30/12/2020.

BS321A - Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C