Atrás

Publicadas as bases para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas novas, inscritas no SNGX, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para 2019

Publicadas as bases para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas novas, inscritas no SNGX, a través do Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para 2019

Categoría:

No Diario Oficial de Galicia de 24 de maio de 2019, publicouse a convocatoria  da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas novas inscritas no  SNGX, a través do Programa coas entidades sen ánimo de lucro por un período de 7 meses. Esta convocatoria tén  por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional dos maiores de 18 anos,  incluidos no ficheiro do SNGX, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que lles facilite a práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

TR352C - Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas mozas para a realización de servizos de interese xeral e social. Programa operativo de emprego xuvenil.