« Atrás

Publicada no DOG a convocatoria de axudas para Programas de emprego dirixidos a persoas mozas inscritas no ficheiro do SNGJ (formación e aprendizaxe) para 2020

Publicada no DOG a convocatoria de axudas para Programas de emprego dirixidos a persoas mozas inscritas no ficheiro do SNGJ (formación e aprendizaxe) para 2020

Categoría:

Formación para o emprego

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, convocou as bases reguladoras da convocatoria para 2020, en réxime de concurrencia competitiva, das axudas e subvencións para a realización do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estos Programas de emprego van dirixidos a mellorar a empregabilidade, cualificación e inserción profesional das persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil y en situación de beneficiarias. Os proxectos que se financien ao amparo desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependientes ou vinculadas coa titularidade que lles corresponda integramente. A duración dos proxectos será de doce meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional que estará dirixida ao aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Unha vez rematada esta primeira etapa, a Consellería de Economía, Emprego e Industria promoverá a inserción laboral dos participantes  a través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 6 meses a xornada completa en empresas do ámbito das materias impartidas.

TR353B - Subvención programas de empleo para personas jóvenes