Fomento do emprendemento

Establecese un programa específico con dúas actuacións:

Autoemprego xuvenil: para os menores de 30 anos que opten por constituírse como autónomos ou montar a súa propia empresa.

Establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: sempre que se acredite un investimento en inmovilizado material ou intanxible por unha determinada contía e incentivos.

Enlace con Convocatorias_Autónomos

Se vos decidides por crear unha cooperativa ou sociedade laboral, ou incorporarvos a unha xa existente, e sodes menores de 30 anos, podedes beneficiarvos dos seguintes programas:

Programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais.

Pola incorporación de persoas novas inscritas no SNGJ como novos socios ou socias traballadores ou de traballo, a cooperativa ou sociedade laboral accederá a unha axuda económica por cada nova incorporación e incentivos adicionais en determinados supostos.

As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a persoas novas integradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poden acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos.

Programa de fomento do emprendemento destinado a persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Subvención para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas: subvencións para o inicio de actividade, cunha contía por persoa beneficiaria.

Subvención para microcréditos: subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios.

Enlace con Convocatorias_Cooperativas

Novas Fomento do Emprendemento

Lembra presentar a túa solicitude relativa ás subvencións para o autoemprego colectivo

Lembra presentar a túa solicitude relativa ás subvencións para o autoemprego colectivo Categoría: Fomento do emprendemento Lembra que o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións para o autoemprego colectivo rematará o vindeiro 30 de setembro. Trátase de axudas para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais de moz@s inscrit@s no Sistema...

O DOG publica hoxe a orden que regula as axudas para promoción de emprego autónomo para mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O DOG publica hoxe a orden que regula as axudas para promoción de emprego autónomo para mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil Categoría: Fomento do emprendemento A Consellería de Traballo e Benestar publica hoxe a orde que regula as axudas para a promoción do emprego autónomo ao abeiro da Estratexia de Garantía Xuvenil. Trátase dunha axuda destinada...

Aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar axudas para o autemprego colectivo

Aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar axudas para o autemprego colectivo Categoría: Fomento do emprendemento A Consellería de Traballo e Benestar publica hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de incentivos ao autoemprego colectivo das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, con cargo ao Programa operativo...