Formación para o emprego

En que consiste?

Este programa ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, de entre 18 e 29 anos, que estean incluídas no ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil en España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que propoñen?

Formación básica.

Para as persoas novas participantes que non acadasen os obxectivos de educación secundaria obrigatoria, organízanse programas específicos coa finalidade de proporcionarlles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos.

Formación complementaria.

Formación profesional en especialidades ligadas a un certificado de profesionalidade.

Información profesional e orientación laboral.

Formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas.

Información sobre técnicas de búsqueda de emprego.

Módulo de sensibilización medioambiental.

Módulo de alfabetización informática

Formación en prevención de riscos laborais.

Módulo de sensibilización de xénero

Áreas de actuación

Dependerán do tipo de proxecto, priorizando os que se dirixan á formación e capacitación naqueles sectores que teñan maiores perspectivas de inserción laboral, tales como novas tecnoloxías da información e comunicación, enerxías alternativas, xestión da auga e de residuos.

Tradicionalmente este tipo de proxectos inciden nos seguintes sectores ou áreas de actuación:

 Relacionados co sector da construción:

Albanelaría

Cantaría

Fontanaría-electricidade

Carpintaría metálica

Carpintaría de madeira

Forxa

Soldado-alicatado

Encofrado

Escaiola

Mampostaría

Vinculados con traballos en madeira:

Ebanistaría

Tapicería

Carpintaría de ribeira

Carpintaría de obradoiro

Marquetaría

Acabado do moble: barnizado, dorado e lacado

Referidos a temas de medio ambiente

Xardinaría

Repoboación forestal

Recuperación áreas degradadas

Reciclaxe de residuos sólidos

Podador

Viverista

Turismo rural

Tratamento de augas residuais

Relacionados cos novos filóns de emprego

Novas tecnoloxías da información e comunicación

Actividades tecnolóxicas diversas

Xestión a auga e de residuos

Agricultura ecolóxica

Relacionados coa prestación de servizos a comunidade

Axuda a domicilio

Coidado de nenos

Atención xeriátrica

Atención a colectivos marxinais.

Cando se poden aprender artesanías como:

Labrar con materiais nobres

Marroquinaría e curtido de pel e napa

Reloxaría

Cerámica

Encadernación artesanal

Que retribución percibe o alumnado?

Ao estar vinculado coa entidade promotora mediante un contrato de traballo, percibe unha retribución mensual equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional.

Duración

Os proxectos teñen unha duración de  seis/doce meses, período no que se alterna a formación profesional para o emprego xunto co desempeño dun traballo efectivo.

Enlace con Convocatorias_Programas Mixtos

Trátase de accións formativas destinadas a todos os que non teñades cualificación, para que poidades adquirir as competencias mínimas necesarias que vos axuden na procura dun emprego. Para os que xa teñades formación, proporcionaránsevos cursos axustados ás demandas do tecido produtivo.

As accións formativas estarán dirixidas á obtención de Certificados de profesionalidade.

O programa desenvolverase a través da convocatoria dunha orde de subvencións dirixidas a aqueles centros de formación debidamente inscritos/acreditados, tanto en competencias crave como en certificados de profesionalidade, centros que poden ser de titularidade tanto de concellos, como de entidades con e sen ánimo de lucro.

Enlace con Convocatorias_Accións formativas

Para os que tedes formación académica pero carecedes de experiencia, propoñémosvos un programa de prácticas laborais en empresas, para que poidades traballar nun entorno real e conseguir con iso que aumenten as vosas posibilidades de emprego.

O programa desenvolverase a través da convocatoria dunha orde de subvenciones que financia as becas que as empresas deben aboar mensualmente as persoas novas en prácticas, incentivando así a realización destas.

Enlace con Convocatorias_Prácticas non laborais

Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemania, Austria, Bélgica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Bajos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Rumanía, Suecia

Obxectivos que se pretenden acadar:

  • incrementar as posibilidades de inserción laboral para a xuventude
  • complementar a competencia profesional e persoal
  • adquirir competencias en idiomas e reducir os obstáculos lingüísticos
  • fomentar a autonomía persoal

Duración das prácticas formativas: mínimo de 2 meses e máximo 3 meses consecutivos.

Enlace con Convocatorias_Movilidad transnacional Galeuropa

O Instituto da Xuventude de Galicia, dependiente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convocou as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C para a mocidade galega dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o ano 2020.

Estas axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clases B e C a persoas mozas que acrediten a condición de beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Juvenil, vai contribuír a mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación vulnerable, na medida en que se lles facilita aos mozos e mozas que buscan emprego e non se atopan en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, un instrumento que amplía as súas competencias e o seu currículo, sobre todo no caso do carné clase C como elemento de profesionalización

Enlace con Axudas para obtención dos permisos de conducción

Novas Formación para o emprego Novas Formación para o emprego

Atrás

Publicación Resolución de 24 de xuño de 2021 pola que se aproba o Plan de Garantía Xuvenil Plus 2021-2027

Publicación Resolución de 24 de xuño de 2021 pola que se aproba o Plan de Garantía Xuvenil Plus 2021-2027

Categoría: Formación para o emprego

O pasado 25 de xuño publicouse no BOE a Resolución de 24 de xuño de 2021, da Secretaría de Estado de Empleo y Economía Social, pola que se da coñecemento do Acordo do Consello de Ministros de 8 de xuño de 2021, aprobando o Plan Garantía Xuvenil Plus 2021-2027 de traballo digno para as persoas mozas. 

Resolución de 24 de junio de 2021, de la Secretaría de Estado de Empleo y Economía Social, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 8 de junio de 2021, por el que se aprueba el Plan Garantía Juvenil Plus 2021-2027 de trabajo digno para las personas jóvenes