Formación para o emprego

En que consiste?

Este programa ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, de entre 18 e 29 anos, que estean incluídas no ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil en España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que propoñen?

Formación básica.

Para as persoas novas participantes que non acadasen os obxectivos de educación secundaria obrigatoria, organízanse programas específicos coa finalidade de proporcionarlles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos.

Formación complementaria.

Formación profesional en especialidades ligadas a un certificado de profesionalidade.

Información profesional e orientación laboral.

Formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas.

Información sobre técnicas de búsqueda de emprego.

Módulo de sensibilización medioambiental.

Módulo de alfabetización informática

Formación en prevención de riscos laborais.

Módulo de sensibilización de xénero

Áreas de actuación

Dependerán do tipo de proxecto, priorizando os que se dirixan á formación e capacitación naqueles sectores que teñan maiores perspectivas de inserción laboral, tales como novas tecnoloxías da información e comunicación, enerxías alternativas, xestión da auga e de residuos.

Tradicionalmente este tipo de proxectos inciden nos seguintes sectores ou áreas de actuación:

 Relacionados co sector da construción:

Albanelaría

Cantaría

Fontanaría-electricidade

Carpintaría metálica

Carpintaría de madeira

Forxa

Soldado-alicatado

Encofrado

Escaiola

Mampostaría

Vinculados con traballos en madeira:

Ebanistaría

Tapicería

Carpintaría de ribeira

Carpintaría de obradoiro

Marquetaría

Acabado do moble: barnizado, dorado e lacado

Referidos a temas de medio ambiente

Xardinaría

Repoboación forestal

Recuperación áreas degradadas

Reciclaxe de residuos sólidos

Podador

Viverista

Turismo rural

Tratamento de augas residuais

Relacionados cos novos filóns de emprego

Novas tecnoloxías da información e comunicación

Actividades tecnolóxicas diversas

Xestión a auga e de residuos

Agricultura ecolóxica

Relacionados coa prestación de servizos a comunidade

Axuda a domicilio

Coidado de nenos

Atención xeriátrica

Atención a colectivos marxinais.

Cando se poden aprender artesanías como:

Labrar con materiais nobres

Marroquinaría e curtido de pel e napa

Reloxaría

Cerámica

Encadernación artesanal

Que retribución percibe o alumnado?

Ao estar vinculado coa entidade promotora mediante un contrato de traballo, percibe unha retribución mensual equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional.

Duración

Os proxectos teñen unha duración de  seis meses, período no que se alterna a formación profesional para o emprego xunto co desempeño dun traballo efectivo.

Enlace con Convocatorias_Programas Mixtos

Trátase de accións formativas destinadas a todos os que non teñades cualificación, para que poidades adquirir as competencias mínimas necesarias que vos axuden na procura dun emprego. Para os que xa teñades formación, proporcionaránsevos cursos axustados ás demandas do tecido produtivo.

As accións formativas estarán dirixidas á obtención de Certificados de profesionalidade.

O programa desenvolverase a través da convocatoria dunha orde de subvencións dirixidas a aqueles centros de formación debidamente inscritos/acreditados, tanto en competencias crave como en certificados de profesionalidade, centros que poden ser de titularidade tanto de concellos, como de entidades con e sen ánimo de lucro.

Enlace con Convocatorias_Accións formativas

Para os que tedes formación académica pero carecedes de experiencia, propoñémosvos un programa de prácticas laborais en empresas, para que poidades traballar nun entorno real e conseguir con iso que aumenten as vosas posibilidades de emprego.

O programa desenvolverase a través da convocatoria dunha orde de subvenciones que financia as becas que as empresas deben aboar mensualmente as persoas novas en prácticas, incentivando así a realización destas.

Enlace con Convocatorias_Prácticas non laborais

Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemania, Austria, Bélgica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, P. Bajos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Rumanía, Suecia

Obxectivos que se pretenden acadar:

  • incrementar as posibilidades de inserción laboral para a xuventude
  • complementar a competencia profesional e persoal
  • adquirir competencias en idiomas e reducir os obstáculos lingüísticos
  • fomentar a autonomía persoal

Duración das prácticas formativas: mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos.

Enlace con Convocatorias_Movilidad transnacional Galeuropa

 

Novas Formación para o emprego

Prácticas no estranxeiro para beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a través do programa Galeuropa

Prácticas no estranxeiro para beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a través do programa Galeuropa Categoría: Formación para o emprego e prácticas A conselleira de Traballo e Benestar asistiu esta semana á presentación do programa Galeuropa a través do cal 3.000 mozos e mozas poderán realizar prácticas no estranxeiro ata 2020. Trátase dunha iniciativa que...

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA

Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA Categoría: Formación para o emprego e prácticas A Consellería de Traballo e  Benestar  publicou onte no DOG as axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou...

Publicado o listado provisional de entidades locais beneficiarias do programa Galeuropa

Publicado o listado provisional de entidades locais beneficiarias do programa Galeuropa Categoría: Formación para o emprego e prácticas A Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ven facer público o listado provisional de entidades locais beneficiarias do programa Galeuropa.   Este programa de mobilidade...

Publicada a resolución provisional de bolsas Galeuropa na modalidade individual

Publicada a resolución provisional de bolsas Galeuropa na modalidade individual Categoría: Formación para o emprego e prácticas Hoxe fíxose pública a lista provisional de solicitudes admitidas, non admitidas e excluídas das bolsas Galeuropa na categoría individual. Esta é a segunda liña de axudas que se resolve dentro deste programa. Os interesados poderán consultar a...

Aberto ata o 30 de xaneiro o prazo para solicitar axudas para os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro e para os programas mixtos de formación e emprego

Aberto ata o 30 de xaneiro o prazo para solicitar axudas para os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro e para os programas mixtos de formación e emprego Categoría: Formación para o emprego e prácticas A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou o pasado 30 de decembro a orde que regula as axudas e subvencións para o fomento do emprego a...
Mostrando o intervalo 6 - 10 de 15 resultados.
Resultados por páxina 5
de 3