A aula móbil de Garantía Xuvenil chega a Pontevedra
A aula móbil de Garantía Xuvenil chega a Pontevedra
Categoría: Novas anteriores
O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Xunta de Galicia, continúa a campaña coa presenza da aula móbil en Pontevedra desde o xoves 22 ata o sábado 24 deoutubro. A aula móvil, de libre acceso, estará situada na Praza de España e terá un horario de atención ao público de 12:00 a 20:00 ininterrumpidamente. Ao mesmo tempo, continúan as charlas informativas que percorren diversos puntos da xeografía galega. Este xoves ás 10:00 h. haberá unha sesión informativa na aula CeMIT de Abegondo (Casa do Concello. Rúa San Marcos, 1) e o venres nas aulas Cemit de As Pontes e Ortigueira. As sesións continuarán a vindeira semana en San Sadurniño, Pontedeume, A Estrada e Lalín, entre outros concellos.
Lembremos que estas xornadas están destinadas a informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación.
Os interesados en apuntarse poden chamar ao 881 99 57 00 ou ben escribir unb correo a: garantiaxuvenil@xunta.es
Obxectivos do plan
O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados. Para acadar este fin, o programa de Garantía Xuvenil vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (obradoiros de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas).