A aula móbil de Garantía Xuvenil comeza a súa ruta por máis de medio cento de localidades galegas
A aula móbil de Garantía Xuvenil comeza a súa ruta por máis de medio cento de localidades galegas
Categoría: Novas anteriores
O programa de Garantía Xuvenil puxo en marcha a esta semana unha campaña que chegará a máis de medio cento de localidades galegas durante os vindeiros meses para informar sobre as oportunidades de emprego destinadas aos mozos e mozas menores de 30 anos.
Se trata dunha aula móbil que se desprazará por máis de vinte concellos onde dous técnicos de emprego informarán aos interesados sobre orientación laboral, obradoiros de emprego, vantaxes na contratación e emprendemento.
A primeira parada foi os días 16 e 17 de outubro en Vigo na feira Empregalia. Esta semana a aula móbil visitará Santiago de Compostela e Pontevedra.
Este programa se complementará con charlas informativas en medio cento de municipios. As dúas iniciativas son de libre acceso. Os interesados en acudir as sesións informativas poden chamar ao teléfono 881 99 57 00.
Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (http://garantiaxuvenil.xunta.es) así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.