Atrás

A Consellería de Traballo organiza unha xornada informativa sobre Galeuropa

A Consellería de Traballo organiza unha xornada informativa sobre Galeuropa

Categoría: Novas anteriores

 

A Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado celebrará o vindeiro 3 de xullo unha xornada informativa sobre o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa.

Como xa anunciou a Consellería hai días, a finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

 

Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.
 

A celebración da xornada, prevista para o vindeiro venres 3 de xullo no Museo Pegadóxico de Galicia (San Lázaro, 107), cun horario de 10:00 a 12:30, permitirá a todos os interesados solventar as súas dúbidas. Os destinatarios son mozos e mozas 16 e menores de 25 anos, membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude, técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia e representantes de empresas interesadas na internacionalización..

A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 2 de xullo, a través do seguinte enlace.

http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=182#forsux