Atrás

Aberto ata o 30 de xaneiro o prazo para solicitar axudas para os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro e para os programas mixtos de formación e emprego

Aberto ata o 30 de xaneiro o prazo para solicitar axudas para os programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro e para os programas mixtos de formación e emprego

Categoría: Formación para o emprego e prácticas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou o pasado 30 de decembro a orde que regula as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro. Este programa ten como finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Os destinatarios das subvencións serán as entidades sen ánimo de lucro que teñen capacidade técnica e de xestión abondo para a execución dos correspondentes proxectos. A contía das subvencións variará tendo en conta o número de contratacións realizadas, pero sempre tomando como referencia o IPREM en vigor.

Por outra banda, se convocan as axudas para os programas mixtos de formación e emprego. Dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, centraranse en servizos de interese xeral e social e que posibiliten un traballo efectivo. Os destinatarios das axudas son as entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local e os consorcios locais.

Máis información:

Orde_29_Decembro_2015_Programas_Mixtos_Formacion_Empleo.pdf

Orde_29_Decembro_2015_Fomento_Emprego.pdf