Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA
Aberto o prazo de solicitude de axudas para o programa de mobilidade transnacional GALEUROPA
Categoría: Formación para o emprego e prácticas
A Consellería de Traballo e Benestar publicou onte no DOG as axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas menores de 25 anos, ou menores de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos.
Os mozos e mozas que queiran optar a estas axudas deberán estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e cumprir todos os requisitos para acceder ao mesmo.
O programa Galeuropa contempla varias modalidades: por unha banda, axudas individuais á mocidade, cunha duración de dous meses consecutivos a razón de 100 horas por mes; e, por outra, axudas a entidades sen ánimo de lucro e entidades locais, cunha duración entre dous e tres meses consecutivos a razón de 100 horas por mes.
A contía das axudas contempla gastos de desprazamento, gastos organizativos, gastos derivados do aloxamento e manutención e gastos de apoio lingüístico.
O período de realización das prácticas formativas non retribuídas abarcará desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as das axudas ata a data límite do 30 de novembro de 2015.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de xullo de 2015.
Máis información: http://xuventude.xunta.es/2015061516371/programa-de-mobilidade-transnacional-xuvenil-galeuropa.html