Atrás

Cambados acolle mañá, mércores, unha xornada de asesoramento do Plan de Fomento do Autoemprego xuvenil

Cambados acolle mañá, mércores, unha xornada de asesoramento do Plan de Fomento do Autoemprego xuvenil

Categoría: Novas anteriores

O Centro Comarcal do Salnés, sito no Paseo de la Calzada de Cambados, acolle mañá, mércores 2 de decembro, unha das xornadas de asesoramento grupal que se desenvolven no marco do Plan de fomento do Autoemprego Xuvenil posto en marcha pola Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA).

O obxectivo xeral do Plan de fomento do Autoemprego Xuvenil, no marco do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, é o de asesorar en materia de empredemento aos mozos e mozas incritos e inscritas no Rexistro de Garantía Xuvenil eliminado as barreiras que por descoñecemento sobre como abordar unha actividae por conta propia detén ao mozo á hora de comezar a súa actividade como aunónomo.

Con este motivo desenvolveranse asesoramentos grupais ou Focus Group como o que terá lugar mañá, mércores en Cambados de 10.30 a 13.00 horas, no que poden participar un máximo de 15 mozos ou mozas. Ademáis, durante a xornada, orientarase aos beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil sobre unha oferta formativa que complemente o seu perfil aumentando así a súa empregabilidade e dando cumprimento á Garantía.

Esta medida enmárcase dentro da convocatoria de subvencións para o fomento do traballo autónomo e da economía social do Ministerio de Emprego.

Máis información:

Programa_cambados.pdf