Atrás
Publicouse a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que contraten a persoas novas, inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil, para a realizacion de servizos de interese xeral e social

Categoría: Apoio á contratación
No Diario Oficial de Galicia do 15 de maio de 2018 publicouse a convocatoria para 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro que contraten a persoas novas inscritas no SNGJ, por un período de 7 meses. Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional dos maiores de 18 anos, incluídos no ficheiro do SNGJ, mediante a prestación de servizos de interese xeral e social que lles facilite a práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.
Enlaces: