Xa se poden solicitar as axudas para contratar mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil as subvencións para a promoción do emprego autónomo
Xa se poden solicitar as axudas para contratar mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil as subvencións para a promoción do emprego autónomo
Categoría: Apoio á contratación
Desde o pasado 30 de decembro está en vigor a orde que promove a Consellería de Economía, Emprego e Industria para solicitar os incentivos á contratación de mozos e mozas inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Esta é unha das medidas que teñen como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empleabilidade e ocupabilidade das persoas novas.
A orden se articula en base a dous programas: programa de incentivos para a contratación indefinida e programa de incentivos para a contratación temporal e a súa transformación en indefinido.
O período de contratacións subvencionables abrangue desde o 1 de novembro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
E tamén para axudar os mozos e mozas a establecerse pola súa conta, a Consellería concede axuda para o emprego autónomo. A finalidade do programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas. Neste apartado contémplanse subvencións para o autoemprego xuvenil e para o establecemento como persoa traballadora autónoma por conta propia.
O prazo para solicitar as axudas está aberto ata o 30 de setembro.