Principais vantaxes
O programa de Garantía Xuvenil tamén contempla importantes vantaxes para as empresas en materia de apoio á contratación, especialmente para a contratación indefinida e os contratos formativos.
As medidas da Xunta de Galicia de apoio ás empresas que contraten a persoas novas inscritas no sistema nacional de Garantía Xuvenil son:
- Axudas ás empresas que contraten baixo calquera modalidade contractual temporal, sempre que esta teña unha duración mínima de 6 meses. Os incentivos incrementaranse se o período de contratación é maior.
- Incentivos aos contratos indefinidos sempre que supoñan un incremento do persoal da empresa.
- Unha subvención adicional a aquelas empresas que transformen os contratos temporais en indefinidos.
- Incentivos aos contratos en prácticas, de persoas novas, en situación de desemprego e sen previa ou escasa experiencia laboral en empregos relacionados coa súa titulación.
Estes incentivos serán compatibles coas bonificacións e reducións de cotizacións á Seguridade Social que o Estado concede a estes contratos indefinidos, contratos para a formación e a aprendizaxe, os contratos en prácticas e o contrato a tempo parcial con vinculación formativa.
Darse de alta no sistema
As empresas rexistradas podedes consultar se a perosa nova que queredes contratar está rexistrada no sistema de Garantía Xuvenil e, polo tanto, podedes aplicarvos a bonificación pola súa contratación.
Modo de autentificación
Este proceso de identificación permitirá ás empresas acceder aos servizos da Garantía Xuvenil.
Poderán utilizar o seguinte medio para identificarse.