Atrás

Publicada no DOG a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución B, C e D para a mocidade galega beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil

Publicada no DOG a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución B, C e D para a mocidade galega beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil

Categoría: Formación para o emprego

O Instituto da Xuventude de Galicia, dependiente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convocou as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D para a mocidade galega dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o ano 2021.

Estas axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clases B, C e D a persoas mozas que acrediten a condición de beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Juvenil, vai contribuír a mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación vulnerable, na medida en que se lles facilita aos mozos e mozas que buscan emprego e non se atopan en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, un instrumento que amplía as súas competencias e o seu currículo, sobre todo no caso do carné clase C e D como elemento de profesionalización.

Ligazón á sede electrónica da Xunta