Publicada no DOG a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución B e C para a mocidade galega beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil
Publicada no DOG a convocatoria de axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución B e C para a mocidade galega beneficiarios do Sistema nacional de garantía xuvenil
Categoría: Formación para o emprego
O Instituto da Xuventude de Galicia, dependiente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convocou as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C para a mocidade galega dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o ano 2021. Estas axudas para facilitar a obtención do permiso de condución clases B e C a persoas mozas que acrediten a condición de beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Juvenil, vai contribuír a mellorar as posibilidades de empregabilidade dun sector da poboación vulnerable, na medida en que se lles facilita aos mozos e mozas que buscan emprego e non se atopan en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, un instrumento que amplía as súas competencias e o seu currículo, sobre todo no caso do carné clase C como elemento de profesionalización.
BS321A - Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C