Publicada no DOG a convocatoria de axudas para obradoiros de emprego dirixidos a persoas novas incluídas no ficheiro do SNGX para 2018
Publicada no DOG a convocatoria de axudas para obradoiros de emprego dirixidos a persoas novas incluídas no ficheiro do SNGX para 2018
Categoría: Formación para o emprego
A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, convocou as bases reguladoras da convocatoria para 2018, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento do emprego a través de programas mixtos de emprego e formación.
Estes obradoiros van dirixidos a mellorar a empregabilidade, cualificación e inserción profesional das persoas novas inscritas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e en situación de beneficiarias. Os proxectos que se financien ao amparo desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas, cuxa titularidade lles corresponda integramente. A duración dos proxectos será de seis meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional que estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Enlaces: