Publicada no DOG a convocatoria pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Categoría: Formación para o emprego
A Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convocou as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o ano 2023.
Esta convocatoria está destinada á posta en marcha, a través de entidades colaboradoras, de programas de estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores estratéxicos en Galicia, de modo que incrementen as posibilidades de inserción laboral das persoas mozas participantes, posibilitando a captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía.