Apoio á contratación
Para facilitar a incorporación á empresa das persoas novas inscritas no SNGJ concederase unha axuda ás empresas que os contraten baixo calquera modalidade contractual temporal, sempre que esta teña unha duración mínima de 6 meses ou convertan contratos temporais en indefinidos.
Os contratos en prácticas e os contratos para a formación e a aprendizaxe terán unha duración mínima de 12 meses. En calquera das modalidades contractuais a xornada será a tempo completo.
Contías:
As contías establecidas incrementaranse con incentivos cando a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou en risco de exclusión social ou cando a empresa pertenza a algún sector estratéxico definido nas convocatorias
Outra modalidade que vos propóñemos é a de adquirir experiencia laboral en entidades sen ánimo de lucro. Trátase de proporcionarvos a oportunidade de traballar e adquirir experiencia mediante un contrato temporal para prestación de servizos de utilidade pública ou interese social que redunden en beneficio da colectividade.
As actividades a desenvolver polas persoas novas contratadas estarán relacionadas coa vosa titulación ou formación para axudar a mellorar o voso nivel de competencia profesional.
Este programa articulase en base a unha orde que regula a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para la execución dos correspondentes proxectos.
A contía das subvencións irá en función das contratacións que efectuarán as entidades, que deberán ter unha duración mínima de 7 meses, e se tomará como referencia os custos salariais e de Seguridade Social destas.
Enlace con Convocatorias_Cooperación con Entidades sin ánimo de lucro
Publicada no DOG a convocatoria de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no SNGJ a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro para 2023
Publicada no DOG a convocatoria de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no SNGJ a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro para 2023
Categoría: Apoio á contratación
A Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social convocou as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a contratación de persoas mozas a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro. Esta convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluidas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Ten por obxecto o financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro /(asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses, coa finalidade de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.