Fomento do emprendemento
Establecese un programa específico con dúas actuacións:
Autoemprego xuvenil: para os menores de 30 anos que opten por constituírse como autónomos ou montar a súa propia empresa.
Establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: sempre que se acredite un investimento en inmovilizado material ou intanxible por unha determinada contía e incentivos.
Se vos decidides por crear unha cooperativa ou sociedade laboral, ou incorporarvos a unha xa existente, e sodes menores de 30 anos, podedes beneficiarvos dos seguintes programas:
Programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais.
Pola incorporación de persoas novas inscritas no SNGJ como novos socios ou socias traballadores ou de traballo, a cooperativa ou sociedade laboral accederá a unha axuda económica por cada nova incorporación e incentivos adicionais en determinados supostos.
As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a persoas novas integradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poden acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos.
Programa de fomento do emprendemento destinado a persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Subvención para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas: subvencións para o inicio de actividade, cunha contía por persoa beneficiaria.
Subvención para microcréditos: subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios.