Fomento do emprendemento

Establecese un programa específico con dúas actuacións:

Autoemprego xuvenil: para os menores de 30 anos que opten por constituírse como autónomos ou montar a súa propia empresa.

Establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: sempre que se acredite un investimento en inmovilizado material ou intanxible por unha determinada contía e incentivos.

Enlace con Convocatorias_Autónomos

Se vos decidides por crear unha cooperativa ou sociedade laboral, ou incorporarvos a unha xa existente, e sodes menores de 30 anos, podedes beneficiarvos dos seguintes programas:

Programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais.

Pola incorporación de persoas novas inscritas no SNGJ como novos socios ou socias traballadores ou de traballo, a cooperativa ou sociedade laboral accederá a unha axuda económica por cada nova incorporación e incentivos adicionais en determinados supostos.

As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a persoas novas integradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poden acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos.

Programa de fomento do emprendemento destinado a persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Subvención para o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas: subvencións para o inicio de actividade, cunha contía por persoa beneficiaria.

Subvención para microcréditos: subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios.

Enlace con Convocatorias_Cooperativas

Novas Fomento do Emprendemento Novas Fomento do Emprendemento

Atrás

Lembra presentar a túa solicitude relativa ás subvencións para o autoemprego colectivo

Lembra presentar a túa solicitude relativa ás subvencións para o autoemprego colectivo

Categoría: Fomento do emprendemento

Lembra que o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións para o autoemprego colectivo rematará o vindeiro 30 de setembro. Trátase de axudas para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais de moz@s inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Este programa está dirixido a fomentar o emprendemento colectivo xuvenil mediante a concesión tamén de axudas a moz@s inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuveil. Facilítase así o acceso á mocidade como persoas socias de cooperativas impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia.

O obxectivo é impulsar o autoemprego colectivo no marco dos programas de garantía xuvenil fomentando a incorporación de moz@s como soci@s traballadores ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais. Apoíase o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas e sociedades laborais nos que participen mediante a concesión de incentivos e subvencións para o financiamento de determinados custos derivados do lanzamento da actividade.

 

Máis información na área de descargas : Folleto incentivos ao autoemprego colectivo

 

Poderán acollerse a estas subvencións as sociedades cooperativas galegas e sociedades laborais así como os moz@s inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.