Atrás

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil chega a vindeira semana a Teo, O Grove, Redondela e Vilagarcía de Arousa.

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil chega a vindeira semana a Teo, O Grove, Redondela e Vilagarcía de Arousa.

Categoría: Novas anteriores

A aula móbil do programa de Garantía Xuvenil, que impulsa a Consellería de Economía, Emprego e Industria, visitará este luns a localidade de Teo, onde quedará instalada en horario de 12 da mañá a 8 da tarde na Travesía de Montouto. A partir do martes a aula viaxará a diferentes localidades da provincia de Pontevedra. O día 10, e coincidindo coa celebración das festas de San Martiño, a aula móbil trasladarase a O Grove, onde quedará situada na Praza do Corgo. Posteriormente se trasladará a Redondela, onde se situará o mércores 11 e xoves 12 a carón do Concello. Durante a fin de semana a aula móbil estará en Vilagarcía de Arousa, enfronte ao Auditorio.

Paralelamente a estas actividades continúan as charlas informativas. Ao longo desta semana os orientadores desprazaranse a Ferrol, Narón, Poio, Pontevedra, Tui, Porriño, Sarria, Vilalba, Vimianzo e Fisterra. Todas estas actividades son de libre acceso e contarán coa presenza de técnicos que explicarán os beneficios da estratexia e solventarán todas as dúbidas dos asistentes.

O obxectivo do programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.

Para acadar este fin, o programa vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (obradoiros de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas). Este plan deGarantía Xuvenil está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

Descarga aquí toda a programación semanal.