O Goberno de España abre a inscrición ao seu sistema de Garantía Xuvenil
O Goberno de España abre a inscrición ao seu sistema de Garantía Xuvenil
Categoría: Novas anteriores
Desde o pasado 7 de Xulio, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social abriu a inscrición telemática ao sistema de Garantía Xuvenil. Desde esa data os mozos menores de 25 anos que queiran inscribirse poderán facelo a través do seguinte portal do Ministerio. Para iso será necesario dispoñer dun certificado dixital, DNI electrónico ou dispoñer de usuario e contrasinal. En caso contrario haberá que encher o seguinte formulario e entregalo nas oficinas de rexistro recoñecidas pola administración.
Para poder ser beneficiario deste sistema de Garantía Xuvenil hai que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 anos en no caso de persoas cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- No ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- No ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.
O Goberno pretende con este portal dar resposta á aplicación da iniciativa europea de Garantía Xuvenil, ofrecendo a mozos menores de 25 anos unha oferta laboral, formativa ou de prácticas aínda que elimina o compromiso de facer nun período superior a 4 meses. Igualmente, no Real Decreto aprobado o pasado 5 de Xulio, contémplanse unha serie de medidas para estimular esta oferta a mozos:
- Nova bonificación para empresas e autónomos, de 300 euros para a contratación indefinida durante un máximo de 6 meses.
- Incentivos de ata o 100% nas cotas á seguridade social nos contratos formativos.
- No Contrato para a formación e aprendizaxe preveuse incrementar a bonificación aos custes da actividade formativa e da titorización do traballador.
- Os contratos en prácticas contarán cunha bonificación adicional do 50%, chegando por tanto ao 100% na actualidade.
- Amplíase a redución da cota do contrato a tempo parcial con vinculación formativa aos mozos deste sistema de Garantía Xuvenil. Esta redución é do 75 al 100% da cota por continxencias comúns pola contratación de mozos sen emprego anterior, cunha experiencia laboral inferior a 3 meses ou que procedan doutro sector, e que compatibilicen emprego con formación.